martes, 27 de enero de 2009

algo dos veraneantes

Os veraneantes arrasaron no festival de Cans, a sua andaina comezou con presas, deverían estar por alí as 11.30, e os primeiros veraneantes chegaron as 12. Logo de agardar por mais xente, preparar todo, e carretar instrumentos a toda hostia, Os veranentes fixeron a sua primeira actuación para a radio galega dentro do programa extrarradio, foi curioso, pero despois de estar toda a mañá chovendo, cando os veraneantes remataron a súa peza, o sol saiu!! tentouse tocar despois no bar Fortes, pero o luto na casa nos fixo desistir, xarra de viño, empanada e pa fora, que a festa ainda estaba empezando.Entrada triunfal no torreiro, meia hora de verbena e a comer!Logo de comer comezaba a procesion de chimpibuses, Os veraneantes encabezaban esa procesión tocando a marcha de San Roque diante dos chimpins moi engalanados para a ocasión. Cheghar e encher... Pronto chegaron os tickets de bebida que nos facilitou a organización e pronto se foron....Mentres os Cuchufellos facian sua proba de son, a sección gaiteira, percutiva e trombonil, montabaa boa no bar de debaixo do torreiro, con bailes enriba da barra incluidos. Comezaba a etapa cubatal....Seguinte acto, concertazo dos Cuchufellos , todo o torreiro a bailar .....Nova actuación dos Veraneantes, e fin da veraneada en Cans....Entrega de premios e tremendo concertazo de Tony Lomba e Elio dos Santos con final apoteosico, todo o torreiro dando vivas a España, lembrandose da súa bandeira e do noso heroe nacional Rodolfo Chikilicuatre.... Se non fostes... podedes mirar

No hay comentarios:

Publicar un comentario